Escusalla Sonora está situado na antiga aldea da Escusalla, no concello de Pontedeva, provincia de Ourense, a escasos 45 minutos da cidade ourensá, a 55 minutos de Vigo e a 20 minutos do concello da Cañiza e Ribadavia.
A aldea da Escusalla é un asentamento histórico abandonado ata a nosa chegada, que toponímicamente significa lugar afastado , polo que o mantivo alexado de influencias para que a día de hoxe poida continuar sendo un remanso de paz e descanso.
Situada no alto dunha colina cun clima propicio para o cultivo na antiguedade de millo e uva, e cunha posición privilexiada que nos brinda sol e ventiño do sur dende primeira ata ultima hora do día.
Nas inmediacións pódese realizar senderismo entre os carballos, visitas a capelas históricas, ou miradores ao miño e montes do ribeiro.
Contamos tamén a poucos kilómetros con augas termais e praias fluviais.