Escusalla Sonora :: Estudo de Gravación no Rural
 
BIO






JAVIER VICALO

Produtor, técnico de son y músico galego.


A MIÑA HISTORIA

De pai baixista e melómano, á música non lle quedou outra que guiarme por un camiño cara a esta profesión, que a día de hoxe é a miña paixón e o meu eixo.

En 2008 fundo a miña primeira banda de Roots Reggae “Zamaramandi”, coa que gravamos xunto co produtor "Roberto Sánchez", o primeiro LP editado en vinilo en Galicia deste subxénero Xamaicano.

En 2010 comezo unha nova faceta como promotor cultural, organizando eventos coma o “Festival Minho Reggae”, un dos poucos eventos de música Reggae raíz en Galicia, co obxectivo principal de ofrecer visibilidade ao estilo musical e os seus valores.
Simultaneamente, realizo múltiples concertos en directo e teño a fortuna de traballar con grandes artistas como Vivian Jones, Alpheus, Benjammin, Roy Ellis.

En 2015, e coa experiencia obtida, decido crear o un estudo de gravación propio, co obxectivo de ofrecer un espazo de autoxestión na produción musical dos proxectos que están a xurdir.
Así nace en 2018 o selo independente "The Dub Yard Records", como soporte para a edición de referencias discográficas de proxectos e sons Xamaicanos que xorden no estudo.

Coa práctica e creación durante uns anos de gravación de discos de Reggae, Punk, Rock & Roll e outras experiencias sonoras, un novo obxectivo rolda a miña cabeza para mellorar o proceso de produción, é entón cando asoma a idea de montar un estudo nun ambiente rural, apartado da cidade e onde os músicos poidan centrarse exclusivamente na súa música.

Esta idea maniféstase coa inauguración de Escusalla Sonora en 2024, un estudo dedicado á produción musical, á creación e a convivencia na quietude e placidez do bosque.