Escusalla Sonora :: Estudio de Gravación no Rural
 
ESTUDIO

Estudio de gravación para para artistas, bandas e productores musicais



Escusalla Sonora concíbese como un estudio de produción musical profesional residencial en pleno rural, favorecendo un ambiente de tranquilidade e harmonía coa natureza.

Conta cunha superficie duns 120m2 con luz natural en toda a planta, ofrecendo un ambiente luminoso e vivo, ideal para composición musical e gravación.

A área do estudio está dividida en dúas salas de gravación equipadas con cables de audio profesional, unha sala de control, cociña office e servizo, ademais de 50m2 na pranta baixa para aloxamento dos artistas.

O estudio foi deseñado co asesoramento técnico de Reflexion Arts, garantindo unha acústica óptima para masterización profesional e un son equilibrado.


SALA PRINCIPAL

Un espazo duns 50m2 cunha sonoridade neutra, sen resonancias nen reflexións acuciantes, ideal para a grabación de baterias, baixos e outros instrumentos de gran presión sonora.

É moi funcional para a grabación de bandas en directo, preproducións ou ensaios intensivos.

Sala de gravación principal de Escusalla Sonora


SALA DE VOCES

A sala secundaria ten uns 15m2 e está enfocada para a grabación de instrumentos separados acústicamente da sala principal.
É ideal para a grabación de amplificadores de guitarra, piano acústico, percusións ou voces.


Sala de gravación pequena de Escusalla Sonora


SALA DE CONTROL

Esta sala conta con 30m2 e está dotada cun tratamento acústico "No Environment",que permite estar horas prolongadas de traballo co mínimo agotamento acústico, xa que a sala ten unha sensación de viveza acústica evitando primeiras reflexións no punto de escoita.

O espazo está comandado por dous monitores RA de tres vías con resposta plana e de rango extendido, axustados para unha experencia máxima e fidedigna.


Sala de control de Escusalla Sonora


OUTROS ESPAZOS

No propio estudio adícanse outros 25m2 para almacenaxe, servicio e zona de descanso con cociña, na cal prepararte un café, coller un refresco da neveira ou simplemente desconectar un rato do proceso creativo sen saires do estudio.

Sala de estar principal de Escusalla Sonora

Comeza a túa produción musical no noso estudio

No importa si necesitas gravación, masterización o composición musical
Temos o espazo acústico e os medios técnicos perfectos.

Solicítanos información

O lugar perfecto para a túa produción musical

En Escusalla Sonora, damos renda solta a túa creatividade nun estudio de produción musical, mistura, masterización e gravación de alta calidade. O noso espazo está deseñado para composición musical, edición de música e preprodución. Cunha acústica optimizada e tecnoloxía avanzada, garantimos un son profesional nun entorno rural único e inspirador.




Estudio de gravación no rural galego

En Escusalla Sonora atopas un estudio de produción musical no rural galego, con servizos de masterización, mistura e gravación. O noso espazo profesional está equipado para composición musical, edición de música e preprodución. Cunha acústica optimizada e un ambiente único, aquí a calma e a tecnoloxía únense para crear un son auténtico en plena natureza.


 
¿Canto tempo leva gravar unha canción nun estudio profesional?
O tempo de gravación depende da preparación (preprodución) e da complexidade da canción, a súa instrumentación, e o método elexido de gravación (banda en directo ou por separado). Unha canción sinxela pode gravarse en poucas horas, pero se inclúe moitos instrumentos, arranxos ou harmonías vocais, pode levar incluso varios días. A preprodución é clave para reducir tempos e mellorar a calidade final. Antes de gravar, é imprescindible ter o tema preparado e definido, tanto arranxos como a estrutura da canción, creando a ser posible unha demo ou maqueta da mesa. Na nosa experiencia de gravación con bandas podemos decir que unha canción soe levar unha media de seis a dez horas de gravación.
¿Como afecta a calidade dunha canción a preprodución?
A preprodución axuda a perfeccionar unha canción antes da gravación final. Permite detectar problemas, ritmo ou arranxos, mellorando a interpretación e reducindo erros no estudio. Crear maquetas previas facilita axustar detalles e estruturar mellor o proxecto. Tamén aforra tempo e cartos, xa que un artista ben preparado grava máis rápido e con mellores resultados. Ademais, dá unha visión máis clara da mestura e masterización. Sen unha boa preprodución, o proceso de gravación pode volverse máis longo e custoso, con resultados menos precisos e profesionais.
¿Por que un estudio profesional mellora a calidade dunha gravación?
Un estudio profesional conta con equipos profesionais, tratamento acústico e un técnico especializado. Os micrófonos, preamplificadores e monitores de referencia permiten capturar e procesar o son con maior fidelidade. Ademais, a mestura e masterización realízanse con software e hardware avanzado, garantindo un resultado máis preciso. A experiencia dos técnicos tamén axuda a mellorar a interpretación dos artistas, asesorándoos para obter o mellor rendemento. Gravar nun estudio profesional reduce erros, aforra tempo e permite conseguir un son máis refinado, ideal para plataformas dixitais ou lanzamentos comerciais.
¿Que inclúe o proceso de masterización nun estudio de gravación?
A masterización mellora o son final dunha canción, optimizando volume, ecualización e dinámica. O obxectivo é conseguir unha calidade profesional e homoxénea en diferentes dispositivos. Ademais, axústase o loudness ao estándar da industria para garantir unha boa reprodución en plataformas dixitais, CD ou vinilo. Utilízanse equipos analóxicos e dixitais para dar calidez e claridade ao son, eliminando distorsións ou problemas de fase. En proxectos esixentes, recórrese a estudos especializados en masterización. Este proceso é clave para que unha canción teña impacto comercial e conserve os matices orixinais sen perder calidade nin presenza sonora.
¿Cal é a diferenza entre mestura e masterización?
A mestura axusta cada pista individualmente, equilibrando volumes, paneo ou procesos de xenstión de profundidade, tono, color ou dinámica. Aquí créase a identidade sonora dunha canción, garantindo claridade e cohesión. A masterización, en cambio, traballa sobre a mestura finalizada para optimizar a súa calidade global. Axusta a ecualización, a compresión e o loudness para que o son sexa equilibrado en calquera sistema de reprodución. Ademais, a masterización asegura que todas as cancións dun álbum teñan unha coherencia sonora. Sen unha mestura ben feita, a masterización non pode corrixir erros graves, por iso ambos procesos son esenciais para un resultado profesional.