Escusalla Sonora :: Estudio de Gravación no Rural
 
SERVIZOS


GRAVACIÓN
Gravación en alta calidade de voces e instrumentos acústicos/eléctricos ou proxectos musicais completos, gravando músico a músico ou en directo.

Contamos con sistemas de monitoraxe individuais para cada músico con auriculares profesionais para a máxima comodidade.

Dispomos de dúas salas acondicionadas acústicamente para unha sonoridade neutra, co fin de acadar unha gravación cas maiores cualidades sonoras.

25€/hora (de venres a domingo e festivos)
20€/hora (de lúns a xoves)


VER TARIFAS
MESTURA
através de monitores RA de tres vías cunha resposta en frecuencia amplia e plana, onde definir e matizar cada elemento dentro da mezcla ca maior claridade.

Utilizamos un sistema híbrido de mezcla apoiando o procesamento dixital con maquinaria analóxica, aportando timbre e excitación ás mesturas.

O prezo dunha mestura dependerá da complexidade do teu proxecto.

VER TARIFAS
MASTERIZACIÓN
Levamos a túa música ata o nivel de sonoridade comercial solicitado pola industria, preparando oteu proxecto para ser lanzado nas plataformas dixitais, vinilo ou cd.

En proxectos de alto alcance apoiamonos en estudios aliados especializados en masterización para acadar un resultado final de máxima calidade.

dende 30€/canción

VER TARIFAS
PRE-PRODUCCIÓN / MAQUETAS
Na gran maioria de casos, os artistas inician un proceso de gravación sen escoitar dende fora a súa propia música,isto leva a perdas de tempo e enerxía no proceso de gravación ,ca consecuente merma na obtención dun resultado potenciado.

Nós aconxellamos realizar un proceso de pre-produción a través da elavoración dunha maqueta que fae de chivato dos posibles problemas de composición, arranxo, tempo, etc... da canción, e poder matizar ao máximo cada instrumento cara o monteo da gravación final.

Solicítanos información
EDICIÓN DE AUDIO
Restauración ou mellora dun arquivo de audio, eliminando ruidos, clicks, reverb indeseado,...

Reamplificación de pistas de baixos ou guitarras a través dos nosos amplificadores, que son recollidos por microfonía e preamplificadores profesionais.

Suma analóxica das túas pistas a través das nosas mesas de mezclas para acadar unha tridimensionalidade extra debido a excitación armónica do material analóxico.

Afinación de voces.

Edición de pistas, cuantización de instrumentos e limpeza de audio como preparativo previo á mezcla.

Solicítanos información
RESIDENCIA ARTÍSTICA
Contamos cun pequeno albergue para o aloxamento de artistas, o cal lles permite un enfoque total no proxecto.

Ofrecemos o espazo para calquer tipo de proxecto musical que precise un lugar de traballo onde propoñer unha posta en común do proxecto, unha preproducción dun futuro traballo musical ou un espazo para un ensaio intensivo.

Espazo de traballo dende 200€/día
REGGAE / RIDDIMS
Ainda que en Escusalla Sonora nos adicamos a moitos estilos de música, o Reggae é o noso enclave principal pola experiencia acumulada con máis de vinte anos no xénero.

Acompañamos en todo o proceso de produción dunha canción ou álbum de música xamaicana, ou se eres cantante solista, producir ritmos únicos para ti.

Contamos cun selo independente máis enfocado principalmente á música xamaicana, The Dub Yard Records, co cal podemos xestionar todo o proceso de lanzamento musical e comunicación con medios adicados ó xénero.

Solicítanos información
DUB MAKER
Acompaña o lanzamento da túa musica cunha versión Dub única.

Javier Vicalo é un músico e productor adicado especialmente á música Reggae, e conta con numerosas remisturas publicadas de cancións en estilo Dub, creando novas atmósferas con efectos e mesa de mistura analóxica.

Remixamos calquer canción, sexa do estilo que sexa, para atopar unha nova sonoridade chea de reverbs, phasers e delays.

Solicítanos información
GRAVACIÓN / SON EN DIRECTO
Gravación de directos por pistas para posterior post-producción.

Técnico de mistura ou monitoraxe de proxectos musicais a todo tipo de escenarios, dende salas ata grandes festivais.

Sonorización de pequenos eventos con equipamento profesional.

Solicítanos información

Produción musical de calidade en Escusalla Sonora

Precisas dun estudio profesional para a produción da túa música.
Contacta connosco e explícanos o teu proxecto,
enviarémosche un presuposto a medida.

Solicitar presuposto

O lugar perfecto para a túa produción musical

En Escusalla Sonora, damos renda solta a túa creatividade nun estudio de produción musical, mistura, masterización e gravación de alta calidade. O noso espazo está deseñado para composición musical, edición de música e preprodución. Cunha acústica optimizada e tecnoloxía avanzada, garantimos un son profesional nun entorno rural único e inspirador.




Estudio de gravación no rural galego

En Escusalla Sonora atopas un estudio de produción musical no rural galego, con servizos de masterización, mistura e gravación. O noso espazo profesional está equipado para composición musical, edición de música e preprodución. Cunha acústica optimizada e un ambiente único, aquí a calma e a tecnoloxía únense para crear un son auténtico en plena natureza.


 
¿Canto tempo leva gravar unha canción nun estudio profesional?
O tempo de gravación depende da preparación (preprodución) e da complexidade da canción, a súa instrumentación, e o método elexido de gravación (banda en directo ou por separado). Unha canción sinxela pode gravarse en poucas horas, pero se inclúe moitos instrumentos, arranxos ou harmonías vocais, pode levar incluso varios días. A preprodución é clave para reducir tempos e mellorar a calidade final. Antes de gravar, é imprescindible ter o tema preparado e definido, tanto arranxos como a estrutura da canción, creando a ser posible unha demo ou maqueta da mesa. Na nosa experiencia de gravación con bandas podemos decir que unha canción soe levar unha media de seis a dez horas de gravación.
¿Como afecta a calidade dunha canción a preprodución?
A preprodución axuda a perfeccionar unha canción antes da gravación final. Permite detectar problemas, ritmo ou arranxos, mellorando a interpretación e reducindo erros no estudio. Crear maquetas previas facilita axustar detalles e estruturar mellor o proxecto. Tamén aforra tempo e cartos, xa que un artista ben preparado grava máis rápido e con mellores resultados. Ademais, dá unha visión máis clara da mestura e masterización. Sen unha boa preprodución, o proceso de gravación pode volverse máis longo e custoso, con resultados menos precisos e profesionais.
¿Por que un estudio profesional mellora a calidade dunha gravación?
Un estudio profesional conta con equipos profesionais, tratamento acústico e un técnico especializado. Os micrófonos, preamplificadores e monitores de referencia permiten capturar e procesar o son con maior fidelidade. Ademais, a mestura e masterización realízanse con software e hardware avanzado, garantindo un resultado máis preciso. A experiencia dos técnicos tamén axuda a mellorar a interpretación dos artistas, asesorándoos para obter o mellor rendemento. Gravar nun estudio profesional reduce erros, aforra tempo e permite conseguir un son máis refinado, ideal para plataformas dixitais ou lanzamentos comerciais.
¿Que inclúe o proceso de masterización nun estudio de gravación?
A masterización mellora o son final dunha canción, optimizando volume, ecualización e dinámica. O obxectivo é conseguir unha calidade profesional e homoxénea en diferentes dispositivos. Ademais, axústase o loudness ao estándar da industria para garantir unha boa reprodución en plataformas dixitais, CD ou vinilo. Utilízanse equipos analóxicos e dixitais para dar calidez e claridade ao son, eliminando distorsións ou problemas de fase. En proxectos esixentes, recórrese a estudos especializados en masterización. Este proceso é clave para que unha canción teña impacto comercial e conserve os matices orixinais sen perder calidade nin presenza sonora.
¿Cal é a diferenza entre mestura e masterización?
A mestura axusta cada pista individualmente, equilibrando volumes, paneo ou procesos de xenstión de profundidade, tono, color ou dinámica. Aquí créase a identidade sonora dunha canción, garantindo claridade e cohesión. A masterización, en cambio, traballa sobre a mestura finalizada para optimizar a súa calidade global. Axusta a ecualización, a compresión e o loudness para que o son sexa equilibrado en calquera sistema de reprodución. Ademais, a masterización asegura que todas as cancións dun álbum teñan unha coherencia sonora. Sen unha mestura ben feita, a masterización non pode corrixir erros graves, por iso ambos procesos son esenciais para un resultado profesional.